C-TRAIL
Lugar e Horarios
11 de abril de 2026 ás 18:00,
Pavillón Polideportivo, Novo Mesoiro
(A Coruña)
-
18:00
ANDAINA ADULTOS
-
18:00
TRAIL
-
18:00
ANDAINA MENORES
REQUISITOS PARA MENORES DE 18 ANOS (ANDAINA): autorización firmada dos titores legais na recollida de dorsais. Será obrigatorio que o/a menor esté acompañada/o en todo o percorrido, sendo responsabilidade dos seus titores o seu cumprimento
ENTREGA DE DORSAIS E BOLSA DE CORREDOR
- Os dorsais poderán recollerse de forma anticipada no lugar e horarios a especificar días antes nas redes sociais da organización, debendo presentar os participantes o DNI ou calquera outro documento legal identificativo.
- O dorsal poderá recollerse tamén o día da proba dende as 15:00 horas ata as 17:45 horas, na secretaría da carreira.
- O/A corredor deberá portar o dorsal en todo momento nun lugar visible, non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento reiterado deste apartado carrexará descualificación inmediata do corredor.
MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDADO
Todos os/as corredores deberán levar un MATERIAL OBRIGATORIO DE SEGURIDADE, que pode ser controlado na saída, na chegada ou en calquera punto da carreira sendo o seguinte:
- DORSAL VISIBLE na parte dianteira
- VASO OU SISTEMA DE HIDRATACIÓN (non habera vasos nos abituollamentos)
Os/as deportistas que non porten o material obrigatorio non poderán continuar en carreira e serán inmediatamente desclasificados (haberá controis ao longo do percorrido).
Este material pode ser aumentado por parte da organización, previo aviso polos leitos que estime oportuno.
MATERIAL RECOMENDADO (dependendo da climatoloxía este material recomendado pode sufrir modificacións)
- ROUPA E ZAPATILLAS ADECUADAS PARA UNHA CARREIRA POR MONTE
- LINTERNA FRONTAL, RECOMENDABLE PARA AQUEL@S CORREDOR@S QUE ROCEN A HORA DE PECHE
- TELÉFONO MÓBIL
NON PARTICIPACIÓN E DEVOLUCIÓN DE INSCRICIÓN
- ADVERTENCIA: No caso de que a persoa inscrita non participe na carreira, deberá xustificalo convintemente, sendo a Organización a que resolva dita solicitude para a devolución ou non do importe da inscrición e non estará obrigada a entregarlle ningún agasallo da mesma (o que inclúe a bolsa do corredor) unha vez concluída a carreira.
- En caso de suspensión da proba antes do seu inicio, a Organización intentará buscar outra data para dito evento, ou facilitará a participación en vindeiras edicións.
- O mal tempo non será impedimento para a realización da proba, se ben a Organización resérvase o dereito de suspendela ou modificar o seu percorrido se o cre oportuno, sobre todo, se considera que a integridade física dos corredores pode verse prexudicada.